Tuesday 07 de May de 2024

Rastrillo Solidario de Nadal


A Asociación de Amas de Casa de Neda inauguraba esta mañá o seu tradicional Rastrillo Solidario na Casa das Palmeiras, co que recadar fondos que destinarán ás familias con menos recursos do municipio. Unha magnífica oportunidade para realizar as compras de Nadal e colaborar cunha boa causa. Entre os produtos á venda, a maioría artesanais realizados polas socias da asociación, a veciñanza poderá atopar unha morea de pezas para decorar o fogar nestas datas, manteis, delantais, gorros e bufandas, panos, bolsas e bolsos, tazas… e, como non, flores de pascua. Estará aberto hoxe, mañá venres e o sábado de 11 a 14 h e de 17 a 20 h